20 de dec. de 2013

Venres_20 de decembro

Tarefas:
Durmir, xogar, brincar, correr, descansar, quitarlle fotos ao can, pintar latas de olivas, tocar a frauta na terraza, tirar globos de auga a unha diana na praia, alimentar ao hamster do veciño do terceiro, contarlle chistes de Jaimito a mamá, ver a tele (apagada), ver a tele (acesa e sen volume), ver a tele (acesa con volume e posta ao revés), adiantar os reloxos cando entre a fame, deixar impoluto o cuarto... ler.
Proverbio: Castañas en Nadal saben ben e prestan mal.
Imaxe: BO NADAL!

Ningún comentario:

Publicar un comentario